Día da Ciencia en Galego: videoconferencia

Con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego,o mércores 4 de novembro, o alumnado da materia de Anatomía Aplicada e de Ciclo de Laboratorio, asistiu a unha videoconferencia no salón de actos do centro organizada pola Coordinadora Galega de ENDL.

Título: A máquina que constrúe a mente e a realidade.

Relator: Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña.

Sinopse

«Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso “eu”, as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o “eu” cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?»

Ademais de seguir a videoconferencia, tivemos a posibilidade de interaccionar a través de twitter co hashtag #cienciaengalego.


Comentarios de alumnado de Anatomía Aplicada de 1º de bacharelato


«Na miña opinión a videoconferencia trataba un tema interesante, que era o funcionamento do cerebro, os soños e a información relacionada con iso.A pesar de que se trataba un tema do meu gusto, non me convenceron de todo as súas explicacións. Foi moi tedioso e paréceme que lle faltaba un pouco de enerxía e dinámica, ademais, as preguntas que contestou non me pareceron para nada as máis interesantes das propostas.
«Pareceume entretida e interesante pero moi curta para o tema a tratar.»

«Esta conferencia pareceume moi interesante e entretida, xa que, o profesor da universidade da Coruña deixaba claro que a nosa mente era como un universo.
«Dende o meu punto de vista a conferencia trataba un tema interesante do cal non temos moita información xa que, como dicía, cada persoa é un mundo e todos somos diferentes. Pero penso que non a fixo todo o interesante que podía ser, non foi moi amena. Tamén me pareceu que o método das preguntas vía twitter non funcionou moi ben. Con isto non me refiro ao conferenciante, senón aos alumnos que participamos, pois pareceume moi mal que por twittear tonterías, que dende o meu punto de vista chegaban a ser maleducadas, se deixase de contestar preguntas que seguramente foran moi interesantes.
«De todas formas non me desgustou.»

«A charla foi entretida ao principio e ao final. Todo o do medio, na miña opinión, foi aburrido. O tema do que trataba era interesante, pero tería estado moito mellor con curiosidades sobre o tema; ou se falase dalgunha teoría, como o que teorizan sobre o sonambulismo e cousas así.
«A verdade é que me pareceu bastante interesante, había cousas que nin sequera me imaxinei, como cando dixo que mentres durmimos non temos consciencia, xa que eu pensaba que o noso cerebro seguia traballando igual, por iso tiñamos soños. Tamén cando comentou o número de conexións, neuronas, etc ou que as neuronas ían morrendo cada segundo.
«Creo que foi un pouco curta, que debería ter durado máis tempo e dito algo máis.»

«A charla pareceume amena (comparada con outras) e serviume para aprender cousas que non coñecía ou non tiña claras sobre o sistema nervioso(neuronas), aínda que, na miña opinión, centrouse bastante no aspecto da relación que hai entre a lingua e o pensamento. Polo demais paréceme que estivo ben.»

«A conferencia foi un pouco tediosa ao principio e o profesor explicou cousas moi en xeral sen profundizar en nada.
«A parte das preguntas foi interesante porque explicou sucesos q nos pasan a todos e algúns que non teñen explicación.
«A charla pareceume un tanto pesada e pouco interesante pois, a maioría das cousas que dixo xa se intuían ou eran irrelevantes. Houbo preguntas moi interesantes pero o limitouse a contestar as menos atractivas, polo menos dende o meu punto de vista. Por outra banda, o tema da conferencia non incitou o meu entusiasmo en ningún intre. Penso que outro tema de exposición sería máis ameno e levadeiro. En conclusión, a charla non me gustou, tamén é certo que aprendín cousas que non sabía (como o número de neuronas coas que contamos no encéfalo ou a cantidade de células nerviosas que perdemos cada segundo). Creo que destas exposicións se aprende moito, mágoa non tratar doutro asunto.»

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s