A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz

VISITA Á EXPOSICIÓN SOBRE A LUZ NA GALERÍA DE SARGADELOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.

expo-a-luz_sargadelos

 
Igaciencia é a asociación de profesores/as que traballa a prol da Ciencia Galega e do Galego na Ciencia. Todos os anos celebra o día da Ciencia en Galego o 4 de Novembro; pero que se fai extensible a unha semana ou todo o mes de Novembro, para a realización de diferentes actividades, tanto nos centros de ensino, como visitas a exposicións,…

Este ano a Asemblea de Nacións Unidas decretou o ano da Luz e do Solo, polo que propuxeron actividades relacionadas con esta temática
.
As profesoras do Departamento de Física e Química visitaron o día 5 de Novembro a exposición “A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz” cun grupo de 40 alumnos/as  de 1º de Bacharelato do noso Centro, na galería de Sargadelos, en Santiago de Compostela.

Alí puideron disfrutar dunha serie de actividades interactivas con material relacionado coa luz, distribuído en varias “mesas de traballo”: placas fotovoltaicas, multiplicador de imaxes por espellos, fibra óptica, banco óptico, espellos cóncavos e convexos, …e así observaron diferentes fenómenos como a reflexión, refracción, defectos visuais como a miopía, hipermetropía,..,e como corrixilos; ilusións ópticas como a formación de imaxes en 3D mediante unha aplicación do móbil …

Outra sala estaba adicada á robótica, onde puideron ver diferentes aparatos con sensores de luz, de cor, temperatura, …

Por último, na exposición había unha serie de paneis explicativos sobre a definición de luz, movemento ondulatorio, diferentes tipos de radiacións e aplicacións, árbore cronolóxico sobre os diferentes avances científicos, formación do arco da vella e relación entre arte e ciencia (sol/estrelas, día/noite)…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s