Arquivo por autores: ENDL

Acerca de ENDL

Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Instituto de Ensino Secundario «Campo de San Alberto»

Actuación de Paula Carballeira

Actuación da escritora, actriz e conta contos Paula Carballeira, nada na comarca de Ferrol e cunha xa longa traxectoria no mundo da literatura infantil e xuvenil, así como do teatro (conta con dous premios Manuel María) e o audiovisual galego.

Paula fixo as delicias do alumnado de Ciclos Formativos, ESA, e especialmente da EBI, pois todos a coñecían pola súa aparición na serie da galega “Libro de familia”.

Advertisements

Obradoiro de baile galego

obradoiro-baile-galego_568

Para celebrar as letras galegas o alumnado de 3º de ESO e EBI tiveron a oportunidade de aprender tres puntos de muiñeira e como pechar unha roda nun tempo record … e, como vedes, non era tarefa fácil!
Grazas a Marcos Botana pola súa clase e pola súa paciencia!
Gústanos ver distintas xeracións a pasalo ben xuntas!

Charla de Manuel Portas

O venres día 22 de abril tivemos o pracer de disfrutar coa charla que deu no noso centro o profesor e escritor Manuel Portas. O acto estivo enmarcado dentro do programa de actividades que o IES organiza con motivo do “Mes Cultural” e foi organizado por Normalización Linguística en colaboración co departamento de Xeografía e Historia.

charla-de-manuel-portas_600

Manuel Portas veu presentar o seu libro «Lourenço, xograr». O alumnado de 1º de Bacharelato, que tivo que lelo como lectura obrigatoria neste trimestre, encheuno de preguntas ao rematar a charla, dando lugar a un coloquio moi animado.