Arquivo da categoría: Libros

Obradoiro por Francisco Castro

Obradoiro do escritor Francisco Castro, autor de “Chamádeme Simbad”, libro de lectura de 1º Ciclo de ESO.

obradoiro_Francisco-Castro
 
Francisco Castro é un escritor que naceu en Vigo. Foi profesor de Filosofía durante 19 anos e traballou na editorial Galaxia. Ademais ten un blog chamado “A canción do náufrago” e obviamente gústalle ler. Vai cumprir 50 anos e para celebralo ten pensado publicar o seu 1º libro de poemas.

Publicou a súa primeira obra coa idade de 22 anos e ata agora leva publicadas 22. Das súas obras, que máis alegrías lle dá é “Chamádeme Simbad”, non só porque se vendesen 28.000 exemplares ou gañara premios, senón porque podía falar con ese libro da doenza do Alzheimer, dado que cando o seu fillo tiña 11 anos, a súa nai (avoa do seu fillo) morreu por esta causa. Ademais el escribe para cambiar o mundo.

Moisés García Pedrosa, 2º ESO.

 
chamademe-simbad